“O papel da muller na música”, Santiago de Compostela

Houbo mulleres compositores na Idade Antiga? Existiron mulleres “Mozart” ou “Beethoven”? Cal é o papel actual da Muller dentro das artes? Igualdade de xénero: aspectos primordiais do PNUD e da ONU. Mulleres Compositoras e músicos na Actualidade.

Con motivo da celebración do 170 aniversario da BMMSC a Asociación de Amigos da BMSC quere rendir unha homenaxe a todas as mulleres que contribuiron a mellorar a condición da muller na música. Nesta Xornada pretendemos repasar cal foi o papel da muller na música dende a Antigüidade ata os nosos días. Dar a coñecer os obxectivos expostos pola ONU para o fomento da igualdade. Ademais de presentar o traballo da Asociación de mulleres na música, contando coa presenza de Isabel Pérez Dobarro, grande pianista e membro da ONU, na que participa na sección xuvenil para a promoción dos obxectivos de desenvolvemento sostible.

PROGRAMA